Saturday 18 de May de 2024

O alcalde de Cambre lamenta o escaso nivel de oposición do voceiro de UxC


Ante a información que UxC enviou aos medios de comunicación sobre o Festival Brincadeira, o alcalde de Cambre, Manuel Rivasquere deixar claro que:
-Non entende porqué o señor García quere ocultar na súa información que houbo unha moción, votada por unanimidade, incluído o voto do señor alcalde, para trasladar todo o expediente dese festival á Fiscalía. Non obstante, mente ao dicir que foi el, o que trasladou o asunto ao ente xudicial, xa que foi por orde do alcalde tras unha moción aprobada por unanimidade.
– Non entende porqué o señor García non di nada na súa nota aos medios do contestado polo Valedor de Pobo a este respecto, que lle dixo que non había que investigar nada.
– Non entende porqué o señor García insiste en mentir aos veciños cando fala dos informes de intervención, xa que esta en ningún momento fixo reparos suspensivos, que son os previstos na lei para aqueles casos nos que se incumpre de xeito flagrante o procedemento administrativo.
Por outro lado, Manuel Rivas espera que o xulgado ao que se remitiu todo o expediente do devandito festival lle aclare canto antes ao señor García o mesmo que lle aclarou hai máis dun ano o Valedor do Pobo. Rivas insiste en que lle entristece o escaso nivel mostrado por García para gañar un puñado de votos a custa de danar a imaxe do alcalde. “Se ten que recorrer a estas artimañas para danar a miña imaxe direille que está afeito a ir por “camiños desordenados”.